Páginas

jueves, 28 de noviembre de 2013

A CASTRA - CONCURSO

CONCURSO DE VIÑETAS SOBRE A CASTRA

Aquí está unha exposición dos nosos traballiños para o Concurso de viñetas sobre a castra.


 E tamén a mostra de libros que a biblioteca do centro puxo á nosa disposición  sobre o mundo das Abellas e o mel.  Qué interesante e divertida nos resultou a actividade!


A verdade é que isto das abellas é un mundo ben entretidiño. 
E sobre todo rico, rico! Ummmmm o Mel! qué dóce  máis golosiño!.

viernes, 22 de noviembre de 2013

PIRATAS Á VISTAAAAAAA!

Aquí quedan algunhas fotos recollidas nestes meses.


 
A música escollida é aquela que nos foi chegando a través das familias.
Moitas grazas  a todos pola vosa colaboración.

jueves, 21 de noviembre de 2013

martes, 19 de noviembre de 2013

PLANTAMOS BULBOS DE OUTONO

Aproveitando o veranciño do San Martiño, puxémonos mans á obra e prantamos bulbos de outono para engalanar o noso xardín.
Que gustiño traballar cos últimos raios de solciño!.


jueves, 7 de noviembre de 2013

CONVIVENCIA E MAGOSTO EN SAMOS. OUTUBRO 2013

Este foi un deses días que sempre merece a pena recordar, pasámolo moi ben.
Grazas aos nosos amig@s de Samos.

martes, 5 de noviembre de 2013

O SAMAÍN NA NOSA ESCOLA

Recollemos aquí algúns dos momentos máis divertidos da nosa festa do Samaín.


"CON SABOR A MONTE"

Este conto corresponde a unha versión nova, feita polas nenas e nenos de infantil do cole do Incio, do "Conto con sabor a mar" de Miriam Urdi.


A CASETA DO NOSO PATIO

Naceu este proxecto na aula de infantil como un obradoiro de reciclaxe e foi logo converténdose en todo un reto que abarcou a todo o alumnado do colexio durante dous trimestres.



DIARIO DUN VERME DA SEDA

Coa chegada dos vermes da seda á nosa escola naceu un proxecto de investigación sobre a vida destes seres que abarcou algo máis dous meses na nosa aula. Foi moi fermoso e emotivo para tod@s e este foi o resultado daquelo que fomos aprendendo.
Dende aquí queremos agradecer o esforzo realizado polas persoas que colaboraron proporcionándonos as follas de moreira tan difíciles de atopar nesta época na nosa zona.