martes, 10 de junio de 2014
O LIBRO VOADOR
Esta é unha presentación dunha fermosa experiencia vivida por todas e todos nós na aula coa axuda inestimable das familias. Aquí tedes o resultado final.
sábado, 24 de mayo de 2014
jueves, 15 de mayo de 2014
OS NOSOS AVÓS
Mañá veñen os avós da residencia da 3ª idade do Incio a pasar con nós a tarde á escola e a festexar as letras galegas, esta cantiga de Migallas vai na súa honra.
martes, 13 de mayo de 2014
O RÍO
Este foi un proxecto que se levou a cabo no segundo trimestre e que nos tivo moi ocupados a todas e todos, investigando, xogando e creando. Aquí queda un resumo dos mellores momentos desta aventura nosa.
martes, 6 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Este é o autor homenaxeado este ano, e aquí temos outro xogo para pasalo ben aprendendo cousas da súa vida e obra.
Se queres saber algunhas cousas máis sobre el pincha no seu nome: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Dende aquí enlazamos con un Brincaletras sobre o autor que nos propóñen Filomena Manzano e Julia Pérez, e dende aquí tamén queremos agradecerlles aos autores que os compartisen con nós.
lunes, 5 de mayo de 2014
QUÉ BONITO É O RÍO CABE
Dossier que recolle a información e os datos que fomos atopando ao longo deste proxecto de traballo sobre o río Cabe.
domingo, 4 de mayo de 2014
viernes, 25 de abril de 2014
lunes, 14 de abril de 2014
POLA BEIRA DO RÍO DOS NENOS
Agora temos aquí un video pequechiño dos nosos nenos cantando, desculpade a calidade da gravación, eles cantan moi ben pero a min non me saíu mellor.
jueves, 3 de abril de 2014
POLA BEIRA DO RÍO....
Esta é unha aportación que Sara nos fixo á investigación sobre o río que estamos a facer na nosa clase, e como a todos nos gustou tanto pedímoslle que nos deixase compartila con todos vós. Esperamos que vos animedes a cantar vós tamén!
domingo, 23 de marzo de 2014
O ENTERRO DA SARDIÑA
Á volta das vacacións atopámonos con que morrera a sardiña, e claro, houbo que ir a enterrala. Ai! pobre Sardiña, qué tristes quedamos e canto choramos!...
martes, 18 de febrero de 2014
miércoles, 22 de enero de 2014
DÍA DA PAZ.
30 de xaneiro 2014.
Aquí está a versión feita polas nenas e nenos de infantil do conto de Leo Lionno titulado "Nadarín" e editado por Kalandraka.
Esperamos que vos guste a todos e decidades tamén traballar e vivir todos ben xuntiños, cooperando uns cos outros tal e como nos ensina o conto.
Aquí está a versión feita polas nenas e nenos de infantil do conto de Leo Lionno titulado "Nadarín" e editado por Kalandraka.
Esperamos que vos guste a todos e decidades tamén traballar e vivir todos ben xuntiños, cooperando uns cos outros tal e como nos ensina o conto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
